O domingo día 2 de maio de 2010 principiaron os roteiros poéticos no Concello de Tui, organizados pola Concellería de Educación e o CRA Mestra Clara Torres para recrear a obra e a vida de UXÍO NOVONEYRA. Este roteiro parte do Centro de Interpretación do Monte Aloia e remata na faia. Durante a andaina resolvéronse enigmas:
- O nome de vexetación e árbores autóctonos
- Cantas veces se salta o regato?
- Localización de un carballiño pequerrechiño que está no altiño do regato.
- As feridas da faia
- O número de polas principais
- Anos que podería ter a faia
Recreando ao poeta disfrutamos dos sons, fragancias, das paisaxes, da vexetación,...
Ao rematar o roteiro as persoas asistentes participaron na lectura de poemas do autor homenaxeado o día das Letras Galegas, UXÍO NOVONEYRA, poeta do Caurel.
Para poder ver as fotografías pica neste enlace;