Os días 5, 6 e 7 de maio celebrouse o segundo roteiro poético polos muíños do Río Tripes. Organizado pola Concellería de Educación. Roteiro de auga, de sons e de recuperación das tradicións. A Asociación de muiñeiros do Tripes fixeron posible a degustación de papas de millo e a posta en funcionamento do muíño da Devesa do Medio. Os centros de educación infantil, de educación primaria do concello e as persoas asistentes resolveron os seguintes enigmas:
- Localización do muíño máis grande
- ¿Cal é o motivo de que un muíño teña dúas bocas?
- ¿Qué é a maquía?
- Partes dun muíño
- ¿Qué fai mover as pezas do muíño?
- Ingredientes das papas de millo
Ao remate da andaina recreáronse poemas de Uxío Novoneyra coas melodías de panderetas e gaitas de fondo.
Para ver as fotografías pica neste enlace:
http://picasaweb.google.com/113749779346581708211/EducandoEnTuiPasoAPaso?authkey=Gv1sRgCNy3nsOJgdeTXg#
No hay comentarios:
Publicar un comentario